Primeiras imaxes do Xiaomi SU7, o primeiro coche de Xiaomi

O coche eléctrico de Xiaomi está máis preto de ser unha realidade. A propia compañía encargouse de confirmar a súa existencia, e tamén se foron filtrando diferentes informacións sobre o mesmo. Agora temos tamén fotografías, uns documentos que nos descubren o aspecto exterior do vehículo, deixando pouco á imaxinación.

O Xiaomi SU7 verá a luz o próximo ano, cunha estética semellante á do Tesla 3, un dos coches eléctricos máis destacados do panorama actual. Cunha dimensión de 4,99 metros de longo, 1,96 metros de ancho e 1,4 metros de alto, o novo coche de Xiaomi montaría un motor eléctrico a elixir entre 220 ou 275 kW potencia, cunha velocidade máxima de 210 km/h.

Segundo os datos e imaxes filtradas, existirían tres versións (estándar, Pro e Max), sendo o último o que tería unha configuración máis potente e tamén detalles que máis deportivo, incluíndo un alerón retráctil, retrovisores en fibra de carbono ou unhas chamativas pinzas de freo amarelas.

Versións do Xiaomi SU7
Versións do Xiaomi SU7

Por último, cabe destacar que habería unha edición inicial chamada Founders Edition do Xiaomi SU7 e Xiaomi SU7 Pro, destinada ás primeiras persoas que decidan reservalo cando se presente de forma oficial no mercado chinés, pero da cal non se coñecen os detalles concretos.

Vía | X

Sobre o autor

No Responses

Reply