Os destacados de Twitter chegan a Android

twitter highlights

Twitter vén de anunciar a dispoñibilidade do servizo Highlights (destacados) nos máis de 35 idiomas nos que está dispoñíbel á app, sumándose así á versión inglesa, na que xa se podía gozar del.

Highlights é unha ferramenta que fai unha broza dos contidos que poden resultarnos máis interesantes, amosándonolos non espazo diferente. A idea é que se botamos moito tempo se ver o timeline e non queremos eternizarnos botando a vista atrás teñamos a man aquelas mensaxes máis relevantes.

Para acceder a eles recibiremos unha notificación no noso móbil avisándonos de que xa están listos. Abríndoa entraremos nunha nova interface na que veremos os tweets e poderemos ir pasándoos co dedo de dereita á esquerda.

O novo servizo irá chegando paulativamente a todas as usuarias de Android, para o cal debemos ter as notificacións activas: no menú de configuración imos a “notificacións no móbil” e marcamos “Destacados”.

Deixa un Comentario