LG pon por vin á venda o LG V10 no noso país. Trátase dun dos terminais máis innovadores que a compañía fabricou nos últimos anos, e que destaca pola presenza da súa dobre pantalla frontal. O seu prezo? 699 €.
O LG V10 é unha das últimas apostas de LG, un dispositivo que recolle a experiencia de anos de innovación nas gamas G e Flex, máis tamén un anticipo do que cabe agardar do LG G5, o seguinte buque insignia que aspiramos a ver no MWC.
Logo de levar xa un tempo á venda en Asia e América, chega a Galiza o terminal de dobre cámara traseira e pantalla dual. O segundo panel permítenos amosar notificacións e realizar outras accións sen termos que activar a pantalla principal, co conseguinte aforro enerxético que isto supón.
Especificacións de gama alta
O LG V10 pertence á esa gama alta premium. As súas características técnicas resúmense na seguinte listaxe:
- Pantalla principal de 5,7 polgadas (QHD)
- Pantalla secundaria de 2,1 polgadas (QHD)
- Procesador Qualcomm Snapdragon 808
- 4 GB de RAM
- 64 GB de memoria interna
- Cámara principal (dobre) de 16 Mpx, estabilizador óptico e electrónico.
- Cámara frontal de 5 Mpx
- Batería de 3000 mAh
Como comentabamos ao comezo do artigo, está xa á venda nas principais cadeas de distribución de telefonía por 699 €, un prezo competitivo para as prestacións que incorpora, aínda que seguramente non ha tardar en baixar.