ASUS anuncia os novos ZenFone Zoom e ZenFone Max

Asus vén de anunciar a chegada ao noso país de dous novos modelos de terminais da sua familia ZenFone, o ZenFone Zoom e o ZenFone Max. O primeiro deles está orientado a un público que presta moita atención á fotografía, mentres que o segundo céntrase na duración da batería como elemento de valor.

Asus ZenFone Zoom

O elemento diferenciador do ZenFone Zoom é claramente o seu zoom óptico, que incorpora unha lente Hoya 3X de 10 elementos, co que consegue unha ampliación total 12X. Ademais dispón de estabilizador de imaxe óptica (OIS), 13 megapíxeles e flash LED dobre tipo “Real Tone”, para crear unha iluminación que se asemella bastante á luz natural.

asus zenfone zoom - 2

Polo demais, incorpora unha pantalla IPS de 5,5 polgadas con resolución 1920 x 1080 (403 ppp) e un ángulo de visión de 178 graos. No interior leva un procesador Intel Atom de catro núcleos e 64 bits, 4 GB de memoira RAM e 64 GB de memoria interna.

asus zenfone zoom

Asus ZenFone Max

Pola súa banda, o ZenFone Max destaca pola súa batería de gran capacidade, concretamente 5000 mAh. Isto achégalle unha autonomía moi superior a outros dispositivos, pero ademais pode funcionar como cargador de outros dispositivos.

asus zenfone max

Conta cunha pantalla de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 410, 2 GB de memoria RAM e unha cámara principal PixelMaster de 13 megapíxeles con apertura f/2.0.

Dispoñibilidade e prezos

Ambos os dous chegarán ao mercado galego no mes de abril. O ZenFone Zoom terá un PVP de 549 €, mentres que o ZenFone Max comercializarase por 199 €

Deixa un Comentario