Yoigo recupera La Sinfín: 20 GB e chamadas ilimitadas por 29 €

Como xa fomos comentando nos últimos días, este verán está a recuperar promocións entre as operadoras, a meirande parte delas apostando por dobrar os megas ás usuarias nalgunhas tarifas. En paralelo a estas promocións temporais, Yoigo vén de recuperar a tarifa La Sinfín, contratábel entre o 1 e o 31 de xullo, aínda que a diferenza das promocións quen se faga con ela durante xullo poderá disfrutala “para sempre”.

Esta tarifa inclúe chamadas ilimitadas e 20 GB de navegación 4G por 29 € ao mes, non habendo outra opción no mercado que chegue sequera a aproximarse.

Yoigo emprega cobertura propia e, aló onde non chega a súa rede, a de Movistar. Recentemente a compañía foi adquirida por MásMóvil, como xa vos contamos neste outro post.

Sobre o autor

Reply