Estes serían os primeiros reloxos Android Wear fabricados por Google

Días atrás comezaron os rumores que apuntaban a que Google estaría fabricando un par de reloxos Android Wear, que a diferenza de todos os que coñecemos até o de agora serían fabricados pola propia Google, como uns Nexus Watch.

Unha filtración da que se fai eco AP amósanos o que sería o seu aspecto. O modelo da esquerda sería Angelfish, un modelo para as usuarias máis exixentes, mentres que o da dereita coñeceríase como Swordfish.

O Angelfish contaría cun diámetro de 43,5 mm e un grosor de 14 mm, bastante para un reloxo. Tería tres botóns físicos e en canto a prestacións viría con conexións LTE, WiFi, GPS e sensor de ritmo cardíaco. Pola súa banda, o Swordfish sería máis pequeno (42 mm de diámetro e 10,6 mm de grosor) e máis modesto que o Angelfish, ao prescindir, cando menos, de GPS e a conectividade LTE.

Ambos os dous virían con Android Wear 2.0, incluíndo o novo Google Now, Google Assistant, que coñecemos o no pasado Google I/O. Tardará moito a súa presentación?

Sobre o autor

Reply