Sony presenta en Berlín o seu novo buque insignia, o Sony Xperia XZ

Logo de ternos deixado un pouco coa mel nos beizos tras os anuncios no Mobile World Congress, Sony chegou ao IFA 2016 cos deberes feitos e un par de terminais baixo o brazo: falamos do novo Sony Xperia XZ e o Sony Xperia X Compact.

O Sony Xperia XZ é o novo buquee insignia da compañía. Construído en kaleido, un metal que segundo confirmou o fabricante na presentación resulta moito máis atractivo ao tacto ca o aluminio, o dispositivo presume dunha pantalla de 5,2 polgadas que, sen acadar a resolución 4K do Z5 Premium, ofrece unha experiencia superior cos 1080p e as tecnoloxías TRILUMINOS e X Reality.

No seu interior atopámonos unhas prestacións á altura dun buque insignia, destacando o procesador Qualcomm Snapdragon 820, xunto con 3 GB de memoria RAM e opcións de 32 ou 64 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD de até 256 GB. A batería, de 2900 mAh, vén coa tecnoloxía de carga ultrarrápida de Qualcomm.

Imagen_Xperia XZ_Forest Blue

Pasando xa ao apartado multimedia, a súa cámara principal é un sensor de 23 megapíxeles Exmor R, con ISO 12800, mentres que para a frontal elixiron un sensor de 13 megapíxeles Exmor con apertura f/2.0.

Completando a listaxe de especificacións temos o xa imprescindíbel lector de pegadas dixitais, protección para auga e pó segundo o estándar IP68, USB Tipo C e conector USB.

Está previsto que chegue ao noso país no mes de outubro, aínda que abrirán as reservas o 19 de setembro. Custará 699 €

Xperia X Compact

Malia pasar algo desapercibido eclipsado polo Xperia XZ, o Sony Xperia X Compact chega orientándose ao público que quere ter un terminal de alta gama media-alta sen ter que ir a unha pantalla grande.

xperia-x-compact

Incorpora un panel de 4,6 polgadas con resolución HD, e no interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 650, xunto 3 GB de memoria RAM e 32 GB de almacenaxe interna. A batería fica nos 2700 mAh de capacidade, con carga rápida QuickCharge 3.0, e as cámaras son de 23 megapíxeles a principal e de 5 megapíxeles a dianteira.

Leva sensor de pegadas dixitais e USB Tipo C, aínda que a diferenza co buque insignia non é resistente á auga e ao pó, ou cando menos non o anuncian.

Porase á venda neste mesmo mes de setembro en todo o continente europeo por 449 €

Sobre o autor

Reply