Mininovas Android: Google Maps e Pokémon, emojis en WhatsApp e máis

Google Maps amosará onde estiveches cazando Pokémon

pokemon go google maps

Nunha recente actualización, na sección Timeline poderemos poderemos editar as nosas rutas e marcar onde fomos na procura de Pokémon.

Na edición o que podemos facer é marcar como fixemos a viaxe (a pé, en coche) ou para que: cazar Pokémon. Este movemento confirma o éxito do xogo, que malia estar axustando o número de xogadores, é un dos xogos do ano en canto á repercusión que acadou.

vía

Yoigo cambiará a súa cobertura a Orange

yoigo

Esta semana anunciouse o cambio de cobertura de Yoigo despois de ser mercada por MásMóvil. Este movemento é moi normal, pois MásMóvil xa vai pola rede de Orange e deste xeito poderá negociar un mellor prezo por usarla. Ademáis o 31 de decembro deste ano, remataba o contrato que tiña con Movistar.

Este cambio, non significa que Yoigo renuncie á súas antenas, se non que cando a súa cobertura non chegaba tiraba de Movistar e desde o 2017, farao coa rede de Orange.

Este movemento, lémbranos ao proceso de cambio no que está metido o operador galego R despois de ser vendido a Euskaltel, pois xa comezou a migración da rede de Vodafone á de Orange.

PayPal e MasterCard asócianse para facilitar o pago en tendas físicas

paypal logo

Durante esta semana saltou a nova da asociación entre PayPal e Mastercard, pola cal se poderá empregar a carteira dixital de MasterCard, Masterpass naquelas tendas que permitan o pago con PayPal.

Grazas a este anuncio, PayPal quere darse a coñecer entre as usuarias e agardan chegar a máis de 5 millóns de establecementos en todo o mundo.

Xa se pode mercar o Moto Z no noso país

O Moto Z foi unha das principais novidades do evento de Lenovo do mes de xuño, do que destacan a compatibilidade cos Moto Mods, unha serie de accesdorios que aumentan as posibilidades do dispositivo, coma poden ser o altofalante JBL SoundBoost, o picoproxector Insta-Share ou Power Pack, que lle dará un extra de batería.

Pois ben, desde está semana xa está á venta no noso país a través de Amazon por algo menos de 640€.

Whatsapp xa permite editar fotos con emojis, texto e debuxos a man

whatsapp emojis

Desde a versión 2.16.263 (en fase beta polo de agora) xa se poden editar as imaxes que compartimos cos nosos contactos. Polo de agora déixanos introducir emojis a elixir entre unha listaxe definida, tamén podemos escribir texto e colocalo no lugar máis axeitado e ademáis facer debuxos mans, e para acadar un bo resultado dependerá da habilidade de cadaquén.

Imaxinamos que estas novas opcións axiña chegarán a todas, pois como vos diciamos polo de agora só os rexistrados coma beta testers, poden acceder a estas novidades.

Sobre o autor

Reply