O Samsung Galaxy Note7 porase á venda o 28 de outubro

Logo de ter paralizado a venda dos Galaxy Note7 por un problema illado detectado nun proveedor de baterías, Samsung iniciou un proceso de sustitución de terminais sen precedentes que calcula estará completado a comezos do mes de outubro.

En vista diso, o fabricante surcoreano fixou o 28 de outubro como a data na que se porá de novo á venda o Samsung Galaxy Note7 en Europa, garantindo que todos os novos dispositivos están libres de calquera problema e son plenamente seguros.

Segundo a compañía, desde o 19 de setembro, data na que comezou o procesos de sustitución en Europa, o 90% das usuarias que posuían un Galaxy Note7 elixiron o reemplazo outro Note7, e tan só o 3% optou por outro dispositivo Galaxy alternativo.

Ademais, e como medida de prevención e co fin de que todas as usuarias solicitasen o reemplazo do terminal, Samsung enviou mensaxes a todos os dispositivos europeos e lanzou unha actualización de software que limitaba a carga da batería ao 60%.

Sobre o autor

Reply