Os Google Pixel e Pixel XL fanse oficiais, confirmando todo o filtrado

pixel-cores

A presentación dos Google Pixel e Pixel XL, os novos teléfonos de Google, non deu pé a sorpresas, e unha a unha foron confirmándose todas as especificacións que xa foran filtradas onte a través de varias tendas e operadoras que lanzaron os microsites dos novos terminais antes do previsto.

Confírmase así a morte da saga Nexus, dispositivos nos que o fabricante tiña aínda bastante peso, malia que fose Google quen se encargase das actualizacións directamente. Pixel será, a partir de agora, unha liña na que Google ten todo o protagonismo, e malia que nesta ocasión unha HTC que non pasa polo seu mellor momento tivo a súa cota de interese, no futuro máis próximo quen faga o dispositivo será irrelevante.

Dous tamaño, mesmas especificacións

google-pixel-2

Merquemos un Pixel ou Pixel XL, a experiencia debería ser a mesma, pois ambos dispositivos comparten practicamente todas as especificación, a excepción da pantalla e batería. Son as seguintes:

  • Pantalla: panel AMOLED Full HD con resolución 441 ppp no Pixel; panel AMOLED QHD con resolución 534 ppp no Pixel XL.
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 821
  • 4 GB de memoria RAM
  • 32 / 128 GB de memoria interna
  • Cámara principal de 12,3 megapíxeles, con apertura f/2.0 e estabilizador OIS
  • Cámara frontal de 8 megapíxeles
  • Batería: 2770 mAh no Pixel, 3450 mAh no Pixel XL. En ambos casos con sistema de carga rápida
  • NFC
  • Lector de pegadas dixitais
  • USB Tipo C
  • Android 7.1 Nougat

google-pixel-2

Estarán dispoñíbeis en prateado e negro, aínda que tamén existe unha terceira versión limitada en azul, que seguramente non chegaremos a ver no noso país. Poderanse mercar a través da Google Store, posteriormente, nas tendas habituais.

Está previsto que cheguen ao noso país antes de final de ano. Estes serán os seus prezos oficiais:

  • Pixel 32 GB: 759 €
  • Pixel 128 GB: 869 €
  • Pixel XL 32 GB: 899 €
  • Pixel XL 128 GB: 1009 €

Sobre o autor

No Responses

Reply