Movistar sube os prezos de Fusión a cambio de máis datos e crea novas ofertas

Logo da suba até os 25 céntimos no establecemento de chamada anunciado por Movistar hai uns días, a compañía descubre agora o incremento de prezo que terá Fusión, a súa proposta converxente, que xunta nun mesmo contrato telefonía fixa, Internet, televisión e móbil.

Esta suba de prezos, que nalgúns casos acada os cinco euros, leva parello un aumento considerábel dos servizos, que moitas agradecerán, aínda que tamén haberá quen preferiría non ter unha mellora dos servizos e seguir aforrando uns euros mes a mes.

  • Movistar Fusión +2 (115 €/mes). A cota deste plan pasa dos 110 aos 115 €, a cambio de subir de 3 a 8 os GB incluídos en cada liña móbil, que suman un total de 16 GB que poden compartir ambas liñas.
  • Movistar Fusión +4 (140 €/mes). O aumento neste plan tamén é de 5 euros, pasando dos 160 a 165 euros; tamén o é o incremento no número de gigas, que pasa de 3 a 8 en cada unha das catro liñas incluídas, polo que a familia disporá de 32 GB para consumir entre t odas elas.
  • As versións “premium” destas dúas tarifas tamén suben 5 € ao mes e incrementan 5 GB os datos por cada liña. Deste xeito, Fusión +2 Premium custará 140 €/mes e Fusión +4 Premium 200 €/mes, no canto dos 135 e 195 €/mes que custan acutalmente.

Sen cambios nos produtos “Fusión contigo” e lixeiras subas en produtos non converxentes

Onde non hai cambio é nos paquetes “Fusión contigo” de 50 e 300 megas, que manteñen o seu prezo e prestacións actuais.

  • Fusión 50 contigo (50 €/mes). Ofrece liña fixa e acceso a Internet (ADSL até 30 Mbps ou Fibra Óptica 50 Mbps), Movistar+ en dous dispositivos e 2 liñas móbiles
  • Fusión 300 contigo  (56 €/mes). É unha proposta semellante á anterior con 300 Mbps de velocidade.

No caso dos produtos non converxentes atopámonos con cambios de tarifa que non supoñen melloras. É o caso do produto “Só Fibra 50 Mb“, que custará 55,41 €/mes no canto dos 53,40 €/mes actuais.

Novos prezos para novas altas

As novas altas tamén sufrirán unha suba de 5 € nos produtos Fusión 50 Mb e Fusión 300 Mb fronte os prezos actuais, a cambio de ter 8 GB na liña principal (no canto de 3 GB) e unha segunda liña con 200 MB. Os clientes actuais manteñen o prezo, pero non se poderán beneficiar das novas condicións (máis datos e segunda liña).

  • Fusión 50 Mb. Novos clientes: 75 €/mes; clientes actuais: 70 €/mes.
  • Fusión 300 Mb. Novos clientes: 90 €/mes; clientes actuais: 85 €/mes.

Novos produtos para consumidoras de contidos

Con todos os operadores ofrecendo practicamente as mesmas velocidades e produtos converxentes, é nos contidos onde se dá a gran batalla. Para iso Movistar lanza dous novos produtos centrados en Cine e Series, chamados “Ficción”:

  • Fusión +2 Ficción (50 Mbps) (105 €/mes). Inclúe ADSL ou 50 Mbps en fibra, liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e 550 minutos a móbiles, 2 liñas de móbil con voz e SMS ilimitados e 16 GB de datos a compartir por ambas, e o paquete familiar de TV (80 canles, 8 partidos de Liga de primeira por xornada e todas as canles Premium de Cine e Series), con acceso desde calquera dispositivo.
  • Fusión +2 Ficción (300 Mbps) (115 €/mes). Mesmas prestacións que a oferta anterior con 300 Mbps.

Todos estes cambios aplicaranse a partir do 5 de febreiro.

About The Author

No Responses

Reply