Wileyfox deixa Cyanogen e pásase a Android puro

O fabricante británico Wileyfox caracterizouse desde as súas orixes por integrar a Cyanogen. Porén, o peche da compañía responsábel da clásica ROM, obrigou ao fabricante a tomar cartas no asunto e modificar os seus plans para actualizar os seus trebellos.

Este plan pasa por despregar a actualización de Android 7.1.1 Nougat aos seus modelos Swift 2, Swift 2 Plus e Swift 2 X sen apenas modificacións, é dicir, Android puro. Con isto tamén pretende ofrecer aos seus usuarios unha experiencia superior, pois no calendario tamén se inclúen os parches de seguridade Android.

En calquera caso, Wileyfox ten previsto manter unha serie de aplicacións coas que diferenciar os seus modelos, como Wileyfox Zen ou a aplicación Truecaller.

Sobre o autor

Reply