Este é o U11, o novo terminal de HTC

Onte foi o día no que HTC decidiu presentar aos medios a súa aposta para competir na gama alta, o HTC U11. Como xa vén sendo habitual, o deseño é un dos puntos fortes de HTC ao que engadimos unhas boas especificacións, co que este terminal debería ser quen de pelexar con Galaxy S8, Huawei P10 ou LG G6.

Especificacións do HTC U11

  • Pantalla LCD de 5,5 polgadas e QHD (2.560 x 1.440 píxeles) con Glorila Glass 5.
  • Snapdragon 835 funcionando a 2.45 GHz.
  • GPU Adreno 540.
  • 4 GB de RAM.
  • 64 GB (UFS 2.1) de ROM.
  • Tarxeta microSD até 2 TB.
  • Cámara principal de 12 megapíxeles e dianteira de 16.
  • 3000 mAh de batería con carga rápida.
  • 169 gr de peso.
  • Android Nougat 7.1.

Temén destacamos resistencia a auga e pó grazas á certificación IP67, USB de Tipo-C, 4 micrófonos para grabación, A-GPS, 4G LTE…

En canto ás novidades que incorpora, o U11 destaca pola tecnoloxía Edge Sense que nos permite facer presión sobre os marcos do terminal e así lanzar apps, sacar fotos ou acceder aos asistentes. A sensibilidade dos marcos é variábel podendo estableder até 10 puntos de presión para que deste xeito con só agarrar o móbil coa man, lance alguha función das que temos configuradas.

Si, acabamos de falarvos de asistentes, en plural, e é porque HTC ven de incorporar tres asistentes no seu U11. No terminal contaremos con Google Assistant, Alexa de Amazon e DuerOS, o asistente do motor de búsqueda chinés Baidu.

Volvendo á cámara, cómpre dicir que a principal ten un sensor de Sony con apertura f/1.7 que permitiría sacar boas fotos con baixa luminasidade, HDR, estabilizador óptico e grabacións en 4K.

O HTC U11 chegará ao mercado durante de xuño a nível mundial en negro, branco, vermello, azul e plata. Iso si, do prezo aínda non temos confirmación máis imaxinamos que no seu lanzamento rondará os habituais 750€ para a gama alta.

Sobre o autor

No Responses

Reply