Lowi ofrece fibra a estudantes por 30 €/mes

Hai uns días falamos da proposta comercial de R para os estudantes, co gallo do inicio do novo curso e hoxe é a quenda de Lowi. A marca de baixo custo de Vodafone tamén aposta por impulsar un produto destinado ao estudantado, caracterizado pola sinxeleza da súa oferta.

Malia que na oferta xeral de Lowi as usuarias que quieran ter Internet por fibra na casa deben contratar obrigatoriamente servizo de móbil (o que implica que o prezo de partida é de 37 €, incluíndo Internet fixo, 1 GB de datos e chamadas ilimitadas desde o móbil), no caso da proposta para estudantes é posíbel contratar unicamente Internet por fibra.

As estudantes que acollan a esta oferta gozarán dunha velocidade de 50/30 megas de Internet por 30 euros ao mes, e terán unha permanencia de 3 meses na compañía. No caso de non cumprirse esta deberán asumir unha penalización de 150 euros, en concepto de permanencia.

Sobre o autor

Reply