Archos presenta novos terminais que custan até 100 euros

Na IFA de Berlín, o fabricante francés está a presentar os seus novos terminais. Neste evento están presentando tablet e máis móbiles que van desde as 4 polgadas até as 5,5 cun prezo mínimo de 49,99€. Así son as tres gamas que nos achegan:

Archos Access

Son uns terminais básicos que van desde as 4 polgadas até as 5,5. Contan con tan só 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento interno máis tarxeta microSD. Podemos atopar dous procesadores distintos segundo o terminal elixido, sendo o Mediatek MT6580 de 4 núcleos o máis potente.

En canto ao apartado multimedia, as pantallas son HD e só o terminal de 5,5 polgadas incorpora unha qHD de tecnoloxía IPS e nas cámaras atopamos dúas combinacións, as de 5mpx/2mpx ou 8mpx2mpx segundo o modelo elixido.

En canto á batería, mellora co tamaño da pantalla pois temos máis oco para meterlle unha batería de máis capacidade e todos saen ao mercado con Android 7.0. Os prezos comezan nos 49,99€ do modelo de 4″ até os 99,99€ para o de 5,5″.

Archos Core

O Archos Core é o terminal máis interante pois conta con acabado en metal de diferentes cores, vermello negro e gris. Podemos atopar dous tamaños diferentes na gama Core. Un deles de 5,5 polgadas e outro de 5.

Por especificacións, o Archos Core máis interesante é o de 5″ pois conta cun procesador Mediatek MT6737 e 2 GB de RAM, 16GB de memoria interna, cámaras de 13 e 2 mpx, conexión 4G e Android 7.0 Nougat. Todo isto, por un prezo de 79,99€. Mentres que o modelo de 5,5″ vaise aos 99,99€ con peores especificación pero conta cunha pantalla máis grande e unha batería de máis capacidade.

Archos Sense 47x

A compañía francesa non quere deixar de lado o mercado dos terminais que aguantan tanto a golpes coma mergulladuras na agua. Por iso, tamén presenta o Sense 47x que é un terminal con resistencia á agua IP68 que soporta caídas de até 1 metro.

Por un prezo de 129€, ademáis teremos un terminal de 4,7″ HD con procesador Mediatek MT6737T, 1GB de RAM, 16 de ROM complementada con microSD, 3000mAah de memoria interna e conectividade 4G.

ARCHOS Sense 101 X

Para rematar, Archos tamén quere ter no mercado a súa tablet resistente a caídas grazas á súa carcasa incorporada. Por 199€ Archos incorpora a esta tableta, unha pantalla de 10,1 HD batería de 6000mAh, procesador Mediatek MT8735, 2GB de RAM e 32 de ROM. Só se pode conectar vía Wifi pois non conta con módulo 4G. Pesa 600gr o que é un peso bastante contido tendo en conta as súas características.

Como vedes, Archos ven cargada de dispositivos a esta IFA e se ben non terminais que destaquen en canto a especificacións, teñen ao seu favor o prezo, xa que son productos baratos para aquelas usuarias que non lle exixen moito aos seus gadgets e só os precisan para facer tarefas sinxelas.

About The Author

Reply