Xa podemos mercar o Nokia 8 no noso país

Semanas atrás Nokia presentou o seu flagship, un modelo co que a marca quere volver pola porta grande ao mercado dos smartphones. Falamos do   un modelo que por fin xa podemos mercar no noso país.

Entre as súas características, destacamos:

  • Pantalla de 5,3″ e qHD (2560x1440px).
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 835.
  • 4GB de RAM.
  • 64GB de ROM e microSD até 256GB.
  • Doble cámara principal de 13 mpx RGB con OIS e 12 mpx en b/n Zeiss e flash de doble ton.
  • Cámara dianteira de 13 mpx.
  • Batería de 3090 mAh.
  • NFC, lector de pegadas dixitais,..
  • Android 7.1.1 Nougat.

Malia ser un terminal moi potente, que a priori, ten que ofrecer un moi bo rendemento non mantén a tendencia de “fora marcos”, que están aplicando todas as compañías para os seus tope de gama, o que pode ser unha eiva para moitas de vós.

Pois ben, agora sabemos que o Nokia 8 xa se pode mercar no noso país por 599€ ao que se lle engadimos 1€, teremos un envío rápido de 1-2 días e se non temos presa, podemos aforralo a cambio de agardar de 3 a 5 días hábiles.

About The Author

Reply