O ZTE Blade V9 xa se pode mercar no noso país

Durante o pasado Mobile World Congress puidemos ter un primeiro achegamento ao ZTE Blade V9, un dos últimos trebellos de ZTE dentro da súa gama media, que agora vén de poñerse á venda no noso país.

Especificacións técnicas

O Blade V9 leva unha pantalla S-IPS LCD de 5,7 polgadas con resolución 2160 x 1080 píxeles e formato 18:9. No seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 450, de oito núcelos a 1,8 GHZ, xunto con GPU Adreno 506 e varias configuracións de memoria RAM – interna:  3 + 32 GB, 4 + 64 GB.

Como xa está sendo habitual nestes últimos tempos, integra unha cámara dobre na parte traseira do trebello, formada por un sensor principal de 16 megapíxeles con apertura f/1.8 e unha secundaria de 5 megapíxeles. Do outro lado, na parte frontal temos unha cámara de 13 megapíxeles con gravación en 1080 píxeles.

A batería sitúase nos 3.200 mAh de capacidade, e como sistema operativo leva Android 8.0 Oreo. Completan a lista de especificacións o lector de pegadas dixitais (traseiro), o recoñecemento facial, Bluetooth 4.2, A-GPS+ GLONASS, radio FM, jack 3.5 de audio e toma microUSB.

Dispoñibilidade e prezo

O novo ZTE Blade V9 pódese mercar por 269 € se eliximos a combinación de 3 GB de RAM + 32 GB de memoria interna ou por 299 € se apostamos pola de 4 GB de RAM con 64 GB de almacenaxe.

ZTE Blade V9 Vita, unha versión light

Ademais, existe unha versión algo máis barata e reducida, chamada ZTE Blade V9 Vita. Este modelo conserva o deseño do orixinal, pero recurta prestacións, que quedan como segue:

  • Pantalla de 5,45 polgadas.
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 435
  • Cámaras traseiras: 13 + 2 Mpx
  • Cámara frontal: 5 Mpx
  • 3200 mAh de batería

Neste caso podémolo adquirir por 179 € con 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ou 199 € se queremos 3 GB de RAM.

Sobre o autor

Reply