¿Por qué no te callas?: a aplicación para silenciar as notificacións

Seguro que máis dunha vez (ou moitas veces, ou sempre) deixades o móbil aceso polas noites. E seguro que tamén vos ten molestado descubrir que deixándoo con son espertades por unha notificación de correo ou Whatsapp que non eran importantes.
Unha opción para silenciar este tipo de notificacións é poñer o móbil en modo avión, pero isto corta as chamadas polo que teríamos o móbil totalmente inoperativo. Outra podería ser a de cortar o tráfico de datos, pero en contra teríamos que agardar pola mañá para que sincronizase todo e volver a estar ao día.
Co propósito de silenciar as aplicacións durante un tempo, e elixir que sona e que non, nace ¿Por qué no te callas?, que non só permite silenciar ou non o que configuremos senón que ademais pode facelo automaticamente, por exemplo a partires das 00.00 horas.
As opcións que podemos seleccionar ou non son as chamadas entrantes, o multimedia, os sons de sistema e as notificacións, mais iso si, sen calar o espertador [dato importante :)]
A aplicación é totalmente gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para Android 2.1 e superior

Sobre o autor

Reply