Se pensabamos que o tiñamos visto todo, estabamos equivocados. HTC soubo manter a curiosidade dos que ficabamos á espectativa do que tiña preparado para este World Mobile Congress e por fin no-lo descubriu: son un total de 5 novos smartphones e unha tablet.
Iso si, non esperedes nada impresionante nin novedoso. Tablet sen Honewycomb e terminais do montón.
HTC Desire S
Como podedes entender polo seu nome, o Desire S é un sucesor da serie Desire. Conta cun procesador de 1 GHz e unha pantalla de 3,7 polgadas. Ademáis, mellora a batería, cunha capacidade de 1450 mAh.
Como podedes entender polo seu nome, o Desire S é un sucesor da serie Desire. Conta cun procesador de 1 GHz e unha pantalla de 3,7 polgadas. Ademáis, mellora a batería, cunha capacidade de 1450 mAh.
Segue a liña dos terminais que se presentan nos últimos tempos, de contar con dobre cámara para poder facer videochamadas. Neste caso, a cámara traseira é de 5 megapíxeles e a dianteira de 1.3.
HTC Wildfire S
É o sucesor do Wildfire, mellorando algo as súas características. Ten un procesador de 600 MHz, 512 MB de RAM e unha batería de 1230 mAh.
HTC Incredible S
Conta unha pantalla de 4 polgadas e un procesador de 1 GHz. A RAM é de 768 MB e a cámara de 8 megapíxeles.
Virá con Froyo (Android 2.2).
HTC ChaCha
Velaquí o Facebook Phone. Dende hai 6 meses, os rumores sobre a posibilidade dun “Facebook Phone” non deixaron de medrar, até tal punto que dende a rede social decidiron desmentir eses rumores en incontábeis ocasións.
E que fai a este teléfono especial? Pois que ten un botón físico para acceder a Facebook, que ademáis é intelixente, entrando naquela característica da rede social que máis usas.
Ten unha pantalla de 2,6 polgadas, xa que conta con teclado QWERTY, algo que moitos usuarios de Android viñan pedindo dende tempos inmemorábeis.
Leva instalado Android 2.3 (Gingerbread), con interface Sense.
HTC Salsa e HTC ChaCha |
HTC Salsa
O HTC Salsa é outro Facebook Phone (tamén ten o mesmo botón físico de acceso á rede social). Iso si, ten unha pantalla máis grande que o ChaCha (3,4 polgadas), xa que non dispón de teclado físico.
Leva instalado Android 2.3 (Gingerbread), con interface Sense.
HTC Flyer
Finalmente, a tablet que trouxo ao MWC chámase HTC Flyer. Conta cun tamaño de 7 polgadas (como a primeira Samsung Galaxy Tab), inda que iso si, cunha memoria de 32 GB de capacidade.
Conta cun procesador de 1,5 GHz, o que a fai que vaia moi ben para xogos. Polo demáis, 2 cámaras (5 megapíxeles na traseira e 2 na dianteira), batería de 4000 mAh e Gingerbread (Android 2.3). Si, liches ben, ao contrario que todas as tablets que se presentaron estes días (LG, Samsung, Motorola…), que xa traen Honeycomb (Android 3.0). Iso si, dende HTC elaboraron unha versión da súa capa Sense específica para tablets.