Os posuidores dos terminais Samsung Galaxy 3 están de noraboa, e é que xa está dispoñíbel Froyo para aqueles terminais que se comercializan libres (hai operadoras que tamén o fan, caso dos modelos da galega R).
A nova versión de Android instálase a través de Samsung Kies. Así que xa sabedes, a froyar!
Preguntas básicas dun usuario ante a primeira actualización: Que tipo de información vou ter que volver a meterlle ao teléfono? Programas do market? Fotos e videos da tarxeta? Configuración de contas? ???
Boas.
As actualizacións de sisteman non borran nada, nin datos das contas, nin aplicacións instaladas nin por suposto os arquivos que teñamos.
De feito, nos terminais que se actualizan vía OTA (que se libera a actualización e chega ao terminal, sen ter que conectalo ao ordenador), o aviso de actualización chega a como se nos avisase de actualizacións de calquera aplicación. Aceptamos, e instálase (tras un ou varios reinicios).
Para a actualización de terminais Samsung emprégase a suite Kies, para o cal hai que conectar o móbil ao computador. Polo demais, nada destacábel: dirache que hai unha actualización, se a queres instalar e xa o fará.
Iso si, hai que ter ollo con non “restaurar terminal como de fábrica”, que aí si que se elimina todo.
Se o prefires, podes copiar as fotos ao ordenador ou subilas á nube por precaución, pero xa che digo, non ten por que pasar nada e todos seguirá igual 🙂
Xa nos contarás!
Parece que está habendo problemas para actualizalo. O Samsung Kies estanos decindo a moitos que a versión do dispositivo non é actualizable. No meu caso teño o firmware 2.1-update1.
Xa vin nalgún foro que estaba pasando iso. Hai usuarios aos que non lles aparece. Pasara o mesmo co Galaxy S, pero solucionárano dende Samsung en poucos días
Conseguino!!
Como o twitter non me permite entrar en detalles, conto aquí a miña experiencia e tuitearei a ligazón.
1- Arranquei o Windows 7 (linux user!!) e comprobei que efectivamente aparecía a actualización no KIES. O que me decía o programa era que “non é posible actualizar CON ESTA VERSIÓN DE KIES”. Busquei no propio programa para que se actualizase e o fixen.
2- Despois de ser actualizado, o KIES non conectaba co telefono. Probei todas as combinación que se me ocorreron: arrancando antes o programa e enchufando logo o Apollo, logo probei á inversa ao revés, cambiando de entrada USB, desactivando o menú automático en Windows para o dispositivo, iniciando o ordenador co teléfono conectado, (re)instalei uns controladores desde o menú de KIES, volvín a probar todo outra vez … Nada funcionou. Sempre se quedaba dando voltas o indicador de “buscando dispositivo” pero nunca acababa. Por suposto, no teléfono seleccionaba a opción “conectar con KIES”
3- Xa á desesperada, encendín o ordenador e pausei o xestor de arranque (GRUB2) antes de iniciar Windows . Enchufei o teléfono, esperei a que me dese a escoller e seleccionei nel “conectar con KIES”. Esperei uns instantes e enseguida apareceu o indicativo “ligado” (teño o dispositivo en portugués). Sorprendeume un pouco, porque sen un Windows iniciado non existe posibilidade de conexión co software da marca. Pero seguín.
4- Iniciei o Windows e o KIES, e agora sí recoñeceu o dispositivo. Xa me propuxo unha actualización de firmware, e todo sucedeu automáticamente e sen sobresaltos, excepto un par de permisos do firewall de Windows.
5- O firmware actualizouse sen problemas, conservando toda a información do sistema excepto os acesos directos dos escritorios.
PD: o KIES é un programa malísimo, lento, torpe e inestable. Dá un pouco de medo confiarlle un cambio de firmware a un software tan trapalleiro.
Nós imos comentalo con Samsung, pero seguramente se deba a que hai poucos días que se lanzou a nova versión (a nós avisáronnos o luns, e o martes xa o estaban publicitando), así que seguramente aínda o teñan que mirar un pouco máis.
Graciñas por contarnos o proceso e unha solución, pintafontes, alédanos que xa o conseguiras.
Eu tamén penso que sería o que comenta Quecheparece. Dende que se avisa que hai a actualización hai un marxe dalgún día de diferenza para que todos os usuarios teñan a actualización dispoñíbel.
E claro, para os que agardamos actualizacións, non gusta saber que a hai e non a podes meter…
Por certo, Queche, se che comentan algo máis de Samsung agradecemos que no-lo comentes! 😉
non me aparece activa a funcion de actualizacion no kies
Fixeches o que comentou pintafontes?
fixen fixen. eu tamen son usuario de linux e perdome coa xestion dos programas de windows, se recoñece que meto algo pero o kies queda a conectarse todo o rato, no movil si poiden seleccionar kies mais na pc o conectando todo o rato e nada
ate collin e tentei de arrancar o kies de marras dende o wine, mais nada
ben, supoño que os de samsung ben teran un metodo mais doado de conectar con kies! por fin conectouse o movil por kies, mais penso que non debe ser como eu o fixen, crei unha maquina virtual dende un gentoo e dende ali arrinquei o kies e foi conectar o mobil e zas, conectou, ponme que esta version do firmware non se pode actualizar. sabedes algo se se pode actualizar a froyo dende o kies cun mobil de R?
Pois non se que dicirche.. A ver se che aparece nuns dias, que pode ser tamén que vaia aparecendo paulativamente.
ok, enton non hai que configurar nada de novo no kies, deberia atopala directamente sen mais non?
Exacto 😉
ok logo moitas grazas e a esperar logo, non queda outra. moitas grazas e se podo axudar en algo por aqui me teredes, ainda que recoñezo as miñas limitacions eh, mais se tenta e sempre disposto a axudar no que se poida
Graciñasa a ti, que coa información que fóchedes dando completamos a info.
Vainos comentando como vai a cousa logo! 😉
Din nun foro de R que o problema é que o Product Code está cambiado, e que hai que poñer o orixinal para que o Kies o recoñeza. ¿Alguén sabe como facelo?
Ola Sergio,
Neste foro falan do tema (para o Galaxy S, pero supoño que será o mesmo)
http://www.htcmania.com/showthread.php?t=198968
Di que o método para mudar o Product Code é marcar *#272*TU IMEI# (o IMEI sábese ulsando *#06#)
En canto aos product code, non sei cal deberas meterlle… sei que os Vodafone levan ATL, os Orange AMN e Movistar XEC
Ola Iago:
Cada vez o entendo menos. En varios foros din que o Product Code para terminais mercados libremente é tipo FOP, e o meu terminal ten un P.C. GT-I5800DKAFOP… co cal, salvo que o entendese mal, é correcto e debería actualizarse 😕
Isto é un misterio.
Pois si… a ver se atopo algo e coméntoche
Grazas. Se eu atopo algo, tamén o comentarei por eiquí.
Xa atopei a solución: levalo ó servicio técnico e que o flasheen alí. Polo que entendín, algunhas partidas teñen mal o número de versión do firmware e o Kies negase a actualizalo.
Afortunadamente entra dentro de garantía, porque obviamente é un problema de Samsung, co que non me cobraron nada. Pero iso sí: se alguen o fai, que lle faga antes unha copia de seguridade á axenda, contactos e notas, porque a actualización borra todo.
Graciñas por compartir a solución Sergio. Iso explica o problema, porque non era normal.
Un saúdo
Hola! Teño un pequeno problema. Actualicei o Apollo co Kies porque me avisaba de que tiña a actualizacion. Fixen o que me pedia e antes informeime por internet para ver se este terminal soportaba o 2.2 e o parecer moi ben. Hai cousas como a galeria que van mais rapido pero o navegador por exemplo vai mais lento e non me refiero a velocidade de carga senon a hora de clikar nun enlace para abrilo, que se queda unhos segundos colgado. É normal isto ou teño que vaciarlle mais a memoria interna?. Ainda me quedan 90MB libres… non creo que sea por iso
Anónimo, eu teño unha Magic, e cando a actualicei a 2.2 tamén me pasou máis ou menos o que ti contas, que o explorador tarda en reaccionar unha vez que lle das ao enlace. O certo é que non fixen demasiadas probas para facelo máis lixeiro, pero si que pode ser que vaia xusto de especificacións.
A verdade e que despois de pasar case dous dias vai algo mellor pero o navegador xa non o probo, directamente uso o Opera Mini que vai rapido e esta bastante ben. Creo que como dis ti Vitor, van xustos para actualizalos “tanto”
A outra opción era facer unha versión do SO máis lixeira para móbiles de características baixas. Ao fin e ao cabo, a única diferenza está en certas aplicacións que tiran de recuros para facerse máis vistosas ou outras aplicacións que precisan de bastantes recursos de por si (estas últimas aplicacións case prescindibles na súa totalidade).