Shush!.. ou a programación do silencio

En cantas ocasións ten pasado o de apagar o volume do móbil e despois esquecerse de acendelo de novo? Este é o meu caso e seguro que o de moitos de vós. Nunha reunión, no cinema, nas clases… en definitiva, é imposible estar a todo.

Shush! é unha aplicación pensada para facerche a vida máis doada neste aspecto. Permite programar o tempo que permanecerá o teu dispositivo sen son ou en modo vibración. Unha vez rematado o tempo programado reactiva o son automaticamente. Deste xeito, non é preciso recordar cando debemos activar o son de novo.


O programa dispón dunha interface moi sinxela e cómoda de empregar, até o punto de que nin sequera debes executala. Esta desencadéase soa cando se apaga o son ou se activa o modo vibración do móbil, permitíndoche configurar despois o tempo de silencio/vibración que precises a intervalos de 15 minutos.

Ademais, podemos configurar o nível de volume co que volverá activarse despois de que remate o tempo de silencio.

Á parte diso, como se pode apreciar na actura superior esquerda, tamén poderedes modificar a cor dos axustes na aplicación ou activar a visualización no panel de notificacións da mesma cando está en funcionamento.
Agora non teremos excusa que darlles a familiares, amigos, profesores, xefes… xa sexa por exceso ou por defecto de son nos nosos Androids.

Sobre o autor

Reply