Chove? Compróbao antes de saír da casa

De seguro que non é a primeira (nin será a última) vez que saes da casa deixando o paraugas porque “todo parece indicar que non vai chover. Perooo.. xa sabemos o que pasa, existe a Lei de Murphy e se podía ser que chovera, se non levas contigo o paraugas ten por seguro que choverá.
Por iso está ben ter instaladas aplicacións como Chove?, na que poderemos consultar a previsión de choiva antes de saír pola porta, é unha boa idea. A aplicación é obra dun desarrollador galego e basicamente o que fai é comprobar onde se atopan as nubes podendo ademais facer uso da “animación” para ver como van evolucionar e desprazarse, sabendo se efectivamente imos precisar o paraugas ou non.
Todos os datos son tomados das bases de Meteo Galicia e da Axencia Estatal de Metereoloxía, polo que son de fiar.
A aplicación dispón tamén dun compoñente social, permitindo compartir a imaxe coa previsión a través de Facebook, Twitter ou calquera outro sistema/aplicación que permita compartir imaxes.
Podedes descargar Chove? dende o Market de xeito gratuito.

Sobre o autor

Reply