Os bancos deben habilitar un botón nas súas apps para cancelar contas, créditos e tarxetas

Unha nova directiva europea obrigará aos banco a implementar nas súas aplicacións -antes de que remate o 2025- un botón que permita ás usuarias cancelar de xeito doado calquera servizo dos que teñan contratados, entre os que se inclúen as tarxetas de pago, os créditos e mesmo as contas bancarias. A norma afecta por igual a todo tipo de bancos, tanto os tradicionais (Abanca, BBVA…) como os chamados “neobancos”, entre os que se inclúen marcas como Revolut ou N26.

Esta medida supón un importante beneficio para as usuarias, xa que moitas entidades estaban a dificultar os procesos de baixa destes servizos. Nalgúns casos, a través de opcións agochadas en menús complicados, e outras obrigando ás usuarias ao envío de documentación adicional e mesmo a visitar oficinas presenciais, malia que a contratación tivera sido feita 100% online.

A propia Unión Europea será quen vele polo cumprimento destas medidas por parte das entidades bancarias. Estas dispoñen de prazo até o 20 de novembro de 2025 para implementar esta solución nas súas aplicacións e evitar as sancións que puideran aplicarse por non facelo.

Sobre o autor

No Responses

Reply