Se hai uns días foi Samsung, onte foi LG quen informou do calendario previsto de actualizacións da súa gama de terminais do 2011 a Ice Cream Sandwich, a última versión de Android dispoñíbel.
Neste senso, os LG Optimus LTE, 2X, Prada, Sol, my Touch Q e Eclipse serán os primeiros en recibir a ansiada actualización, durante o segundo trimestre do ano. Máis tarde, no terceiro, chegará para o 3D, Black, Optimus Q2 e Optimus EX.