Confírmanse cousas en positivo, pero tamén en negativo. Así, e para calar os rumores, Samsung vén de facer oficial que non presentará o Galaxy S III durante o Mobile World Congress 2012, senón nun evento posterior a mediados de ano.
Mais iso non fai que non vaiamos ver nada do fabricante coreano durante a feira, posto que haberá un evento no que se darán a coñecer novos produtos da familia Galaxy Tab, como podería ser un dispositivo de 11,6 polgadas do que se leva un tempo rumoreando.
Xa non queda moito para o MWC, así que a espera non vai ser mala de levar 🙂