Liberado en Corea o "value pack" para o Galaxy S. Sabor a ICS descafeinado

Non hai moito Samsung anunciou que o seu Galaxy S non recibiría Ice Cream Sandwich, pero que a cambio tería un “value pack” sobre Gingerbread para un dos seus terminais máis exitosos.
Nel inclúense algunhas melloras que introduce a nova versión de Android, entre as que destaca o desbloqueo facial, a posibilidade de facer fotografías mentres se está a gravar un vídeo, a habilitación de cartafoles no escritorio, o editor de imaxes ou unha pantalla de desbloqueo semellante á que podemos ver no Galaxy Note.
Dita actualización liberouse en Corea e por conseguinte debera estar dispoñíbel nas próximas semanas no resto de países.

Sobre o autor

Reply