Galaxy Chat, outra aposta de Samsung polos terminais con teclado qwerty

Malia que a tónica xeral sexa avanzar cara terminais cun tamaño de pantalla cada vez maior, aínda hai quen se sinte máis cómodo empregando un teclado que lle dea a velocidade dun teclado físico ou qwerty. Para eles Samsung acaba de anunciar un novo terminal, o Galaxy Chat.
O Galaxy Chat ten unha pantalla de 3 polgadas con resolución QVGA, 4 GB de almacenaxe interno, ampliábeis mediante tarxeta microSD noutros 32 GB extra, e unha cámara de 2 megapíxeles (algo escasa de máis, ou?). A súa batería é de 1200 mAh e desde o primeiro momento contará con Ice Cream Sandwich.
Chegará ao noso país neste mesmo mes de xullo, e aínda que non temos información de prezos poderemos augurar que será bastante accesíbel.

Sobre o autor

Reply