Por fin actualizacións intelixentes no Google Play

Por que ao actualizar unha aplicación necesitamos descargala de novo na súa totalidade e non descargamos tan só a pequena parte que habitualmete se modifica? Posto que, en media as actualizacións ocupan 1/3 do peso total da aplicación, os de Mountain View comentaran xa no Google I/O 2012 que estaban traballando nun sistema para solventar ese problema.
Foi esta semana cando comezaron a funcionar as chamadas Smart App Updates, permitíndonos desta maneira aforrar uns preciados megas da nosa tarifa de datos ademais de reducir o tempo de actualización.

Sobre o autor

Reply