Google di adeus á marca Nexus: serán Pixel X e XL e verémolos día 4 de outubro

Levamos xa un tempo falando dos novos terminais Nexus que lanzará Google proximamente, do fabricante elixido, HTC e mesmo dos seus nomes: Sailfish e Marlin.

Nexus Sailfish filtracion 01

Pois ben, todo apunta a que estes nomes só eran nomes en clave e que o nome que Google vai elixir outros para comercializalos: serán Pixel X e Pixel XL. Se se confirma este paso, Google abandonaría a familia Nexus, movemento do que se leva falando un tempo, para crear unha nova liña de productos.

pixel c - 1

Pixel, non é algo novo para Google pois con esta denominación xa lanzou a tablet con teclado imantado que tan boas sensacións nos deixou. Compre lembrar que Pixel é unha marca que aporta un deseño 100% de Google, na que xa non debería aparecer o logo do fabricante do dispositivo e polo tanto o recoñecemento (ou non) sobre o resultado final do producto recae ao completo sobre as de Mountain View.

De confirmarse este paso, será moi significativo e quen sabe se estamos a vivir os primeiros pasos de Google en canto á fabricación propia de dispositivos.

Daydream

Ademáis todo apunta a que o vindeiro 4 de outubro terá lugar o evendo no que non só se presentarán os novos Pixel X e XL, se non que tamén veremos o Chromecast 4K e o DayDream View o dispositivo independente e compatíbel coas DayDream VR, a plataforma de realidade virtual de Google.

Sobre o autor

No Responses

Reply