ZTE Blade III: cando a gama media sube de gama

Até hai pouco a gama media estaba limitada a pantallas pequenas, cámaras de poucos megapíxeles e procesadores que non superaban os 800 MHz. Pero a gran evolución que están a ter os smartphones da gama alta fan que o resto de gamas medren en prestacións.
É o caso de ZTE, o fabricante chinés que estes días pon á venda en Europa o Blade III, un terminal pensado para ser vendido por 180 euros e que conta con pantalla de 4 polgadas, procesador a 1 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD noutros 32 GB extra).
A cámara é de 5 megapíxeles, a batería de 1600 mAh e dispón de Ice Cream Sandwich (Android 4.0), a penúltiva versión do sistema operativo de Google dispoñíbel. 

Agárdase que chegue ao noso país ao longo do mes de outubro.

Sobre o autor

Reply