Ascend Mate, o tabletphone de Huawei para o 2013 xa está aquí

O tabletphone de Huawei xa é unha realidade. Parece que o fabricante chinés non quere deixar pasar a oportunidade de mercado que teñen eses aparellos a medio camiño entre smartphone e tablet que tan ben lle están a funcionar a Samsung (Note e Note II) e que demos en chamar tabletphones. Por iso deron a coñecer o Ascend Mate, un dispositivo que veremos en Europa nos primeiros meses de 2013.
O Mate conta cunha pantalla de 6,1 polgadas e resolución 1920 x 1080 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,8 GHz e 2 GB de RAM. A súa batería é de 4000 mAh.
Como non podería ser doutro xeito, sairá ao mercado con Jelly Bean, aínda que descoñecemos se incluirá algunha suite extra de software pensada para este tipo de dispositivos como a Galaxy Note de Samsung.

Sobre o autor

Reply