Wolder vén de presentar a súa nova tablet miTab Mint, a primeira dunha serie de dispositivos que irán vendo a luz nos próximos meses, que ademais vén de serie con Android 4.2, o que incorpora varias funcionalidades como o multiusuario, que pode resultar de gran interese se pensamos nunha tablet compartida por varios membros dunha casa.
A súa pantalla é de 9,7 polgadas (1024 x 768) e incorpora un procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD’s de 32 GB), 1 GB de memoria RAM e cámara de 2 megapíxeles.
Ofrece conectividade unicamente WiFi e conector HDMI 1080p, para poder reproducir o contido mulmedia en televisores ou pantallas externas. Ademais admite a conexión de discos duros externos de até 500 GB.
Pódese mercar na Wolder Store, ademais de outros establecementos físicos, por 169 €.