Tras o anuncio de Geeksphone de volver a introducir Android nos seus dispositivos feito hai un mes, a start up española vén de facer públicas algunhas das características técnicas máis destacadas do seu novo dispositivo, o Geeeksphone Revolution.
Este novo dispositivo, que virá con dous sistemas operativos (Android e Firefox OS) para que o usuario poida decidir cal usar en todo momento, incorporará o procesador Intel AtomTM2560 a 1,6 GHz, optimizado para consumir pouca batería sen reducir o seu rendemento. A súa pantalla acada os 4,7 polgadas, con calidade qHD, mentres que a súa cámara principal é de 8 megapíxeles con flash LED. A batería que incorpora é de 2000 mAh.
O lanzamento deste dispositivo está previsto para o primeiro trimestre do ano, polo que todo apunta a que o poderíamos ver no vindeiro MWC.