LG G Pro 2, a piques de darse a coñecer

LG-Optimus-G-Pro1

Segue a conta atrás para o MWC 2014 e seguimos a recibir rumores do que aló veremos. Segundo informa o medio coreano ETNews, LG está a ultimar os dispositivos que levará a Barcelona, onde podería ser presentado o LG G Pro 2, o phablet sucesor do Optimus G

Entre as súas características, fálase dunha pantalla FullHD de 6 polgadas, procesador SnapDragon 800, 3 GB de memoria RAM e Android 4.4 KitKat. Isto último, unha mostra máis de que LG quere amosar o seu compromiso con ter os terminais actualizados.

Só queda un mes para un MWC que se prevé cheo de novidades no que ten a ver con Android. Iso si, vai ser un mes moi interesante!

Sobre o autor

Reply