Highway, o primeiro terminal de 8 núcelos de Wiko

Wiko_HIGHWAY_compo2_blackWiko vén de anunciar o lanzamento do seu primeiro terminal que inclúe un procesador de 8 núcleos, o Wiko Hightway, co que pretende ofrecer unha alternativa aos usuarios máis esixentes.

Cunha frecuencia de 2 GHz, o procesador OctaCore do novo Highway é a característica máis destacábel dun dispositivo que integara unha pantalla LCD de 5 polgadas (1920 x 1080), 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. As súas cámaras son de 16 e 8 megapíxeles, con detección de sorriso e a posibilidade de facer até 99 disparos continuos. Aliméntase cunha batería de 2350 mAh.

Como vén sendo habitual nos terminais deste fabricante, trae unha versión limpa de Android (4.2.2) e dispón de dobre ranura de tarxeta SIM.

Poderase mercar a partir de mañá por 349 €.

 

Sobre o autor

No Responses

Reply