Nas últimas semanas estase a falar moito de Telegram, unha nova aplicación de comunicación que pretende sacarlle o posto a WhatsApp no terreo da mensaxería instantánea. Entre as súas vantaxes están a seguridade, até o de agora non quebrantada, e o desenvolvemento baseado en software libre.
Grazas á isto último e ao traballo da comunidade xa é posíbel disfrutarmos do Telegram en galego. Dunha banda o Proxecto Trasno diversos usuarios realizaron a tradución do código fonte da aplicación para Android (que se pode conseguir nesta ligazón) e por outra Pablo Belay fixo o propio para a versión web, que xa se pode probar nos servidores de Chuza.
Con este novo fito seguimos aumentando os espazos para a nosa lingua nos nosos trebellos Android, do mesmo xeito que precisamos conseguirmos ter o sistema operativo base Android en Galego para completar o proceso normalizador da mesma.
Ollo, que os de Proxecto Trasno non fixeron a tradución, está feita por outros usuarios.
Eu faciliteilles o enderezo ese que sinalas arriba como deles, para que colaborasen, pero non vin que se interesasen en contactar cos implicados na tradución, nin vexo que se metesen a colaborar no github. Falaron de sacar o arquivo para traducilo con outros programas que lle axudan mellor e volvelo poñer alí, pero nada, pasan os días e non se ve movemento.
Ola Martiño, moitas grazas pola corrección, xa está feita no post 🙂
Xa hai un fork do Telegram en galego para android dispoñible no Google Play! https://play.google.com/store/apps/details?id=org.telegram.messenger.release
Funciona totalmente como o Telegram oficial, e vale para substituíla mentres non se avance coa inclusión o galego na app oficial. Polo demais, este fork, chamado Shurgram, ten algunha particularidade como o troco da icona da app e outros detalles, pero está todo sinalado aquí onde a atopei: http://fedellar.wordpress.com/2014/02/12/telegram-en-galego/
Saúdos.
Xa sei que é un tema velliño, pero andaba buscando algo sobre unha traducción do Telegram e acabei por aquí.
Xa sei que é un tema velliño, pero como o Galegram leva un ritmo de actualizacións moito máis lento ca o cliente oficial (imaxino que será difícil para eles seguilo), acabei instalando o Telegram oficial. Obviamente, en galego non está e andaba eu buscando algo sobre unha traducción do Telegram cando acabei por aquí.
Vexo que a túa entrada trae unha ligazón ao GitHub, pero non se ve movemento aí desde febreiro de 2014, e o último comentario di que a cousa se moveu a Transfirex. En Transfirex vexo que a traducción ao galego anda polo 97% pero toda ela sen revisar, ou algo así.
E a pregunta é: Sabes algo sobre isto? É dicir, hai alguén traballando nisto na actualidade ou está parado de todo?
Fe de erratas:
Onde di Transifex debería dicir Transifex.
Desculpa.
Boas! Pois a verdade é que nin idea de como está o tema :S
Pois é unha pena porque o Galegram, probablemente porque os desenvolvedores non gañan a vida con iso, non incorporas as últimas novidades do cliente oficial, sobre todo, caralladas moi útiles como responder a un contacto especifico dentro dun grupo e cousas así.
Lin que no seu día había certa polémica entre a xente do proxecto Trasno e a que encetou a traducción e, fose por iso ou por outra cousa, aínda que a traducción parece estar case rematada, non está revisada e, claro, tampouco está dispoñible.
É unha pena porque, na miña modesta opinión, é a mellor mensaxería que se pode ter neste momento, dalle unhas voltiñas ao WhatsApp.