Sigue o Festival de Eurovisión desde a aplicación oficial

O sábado celébrase o Festival de Eurovisión, e para que non perdades nada imos falarvos da súa aplicación oficial, que recibiu un redeseño total desde a pasada edición, facéndoa moito máis áxil, visual e cómoda para poder accedermos a toda a información e interactuar durante o evento.

2014-05-08-15-23-07

O primeiro que chama a atención é a inclusión dun modo Timeline que, como o seu propio nome indica, vén a ser unha liña temporal na que nos van aparecendo as últimas novas. Mais, non debemos confundir este apartado co que o sigue no menú, Live Show, unha funcionalidade que, durante o retransmisión do festival (ou das súas semifinais), abriranos as portas á información sobre quen estea a actuar nun determinado momento, a letra da canción e información do Estado, como podemos ver no vídeo que abre o artigo.

eurovision

Se nos gusta algunha canción podemos mercala a través da tenda de música da aplicación, que nos enlaza á Play Store musical, para completar a operación. Tamén dispón dun apartado no que consultar a historia e algunha que outra curiosidade sobre o festival da canción europea.

Outras características de interese son o Greenroom, onde podemos atopar toda a actualidade que se produce nas redes sociais vencelladas aos que actúan (de xeito global ou organizado por estados) e MatchMaker, un pequeno cuestionario que nos axudará a atopar as cancións participantes que máis se adaptan aos nosos gustos.

Podedes descargar a aplicación de xeito gratuíto desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply