Esta mañá presentouse a liña de produto bq para o 2014, unha serie coñeceremos como Aquaris E. Esta nova familia ten como característica diferenciadora o seu deseño único para os diferentes tamaños de pantalla, aínda que as súas especificacións técnica serán diferentes, como podedes ver na seguinte táboa
Caracteríssticas/Modelo | Aquaris E4 | Aquaris E4.5 | Aquaris E5 | Aquaris E6 |
Polgadas/Resolución | 4 VWGA IPS / 480×800 | 4,5 QHD IPS / 540×960 | 5 HD ou FHD IPS / 720×1280 ou 1080×1920 | 6 FHD IPS / 1080×1920 |
Procesador (Mediatek) | Quad 1.3 Ghz | Quad 1.3 Ghz | Quad 1.3 Ghz ou Octa 2 Ghz | Octa 2 Ghz |
RAM | 1 GB | 1 GB | 2 GB | 1 GB |
ROM | 8 GB | 8 GB | 16 GB | 16 GB |
Batería | 1700 mAh | 2150 mAh | 2500 mAh | 4000 mAh |
Cámaras | 8 mpx / 2 mpx | 8 mpx / 2 mpx | 13 mpx / 5 mpx | 13 mpx / 5 mpx |
Versión de Android | Android 4.4 Kit Kat | Android 4.4 Kit Kat | Android 4.4 Kit Kat | Android 4.4 Kit Kat |
Prezo | 129 € | 149,90 € | 179,90 € / 249,90 € | 299,90 € |
Queremos destacar que do Aquaris E5 teremos dúas versións que se diferenfian entre elas en que o procesador (un ten un quad-core a 1.3 ghz e o outro un octa-core a 2 ghz) e na pantalla (un ten unha pantalla HD e a do outro é Full HD) mantendo o resto de características iguais.
Así mesmo, todos os dispositivos veñen cun acabado antipegadas e antirabuñadas ademáis de ser moi lixeiros, destacando por exemplo o Aquaris E5 con 135 gramos, cifra que podemos acadar elixindo como materiais de construcción magnesio e aluminio recuberto de policarbonato.
Ademáis a firma española segue apostando cos terminais con dual SIM y MicroSD, así como tamén unha morea de fundas de silicona para protexer os terminais, todas elas moi coloridas como xa estamos acostumados a ver na tenda de bq.
Polo de agora non temos as datas concretas, pero desde bq aseguran que irán chegando pouco a pouco ao mercado, marcando como data tope Agosto, na cal sairá o Aquaris E6.