Google vén de publicar a aplicación de Google Fit, a ferramenta de cuantificación da actividade física que coñecemos hai uns meses e que se materializa coa chegada de Android 5.0, aínda que está dispoñíbel para versións anteriores.
A aplicación encárgase de cuantificar os pasos que damos ao longo do día e nela podemos ver como é a nosa progresión e se imos cumprindo os obxectivos marcados. A información amósase en gráficas nas que podemos ver a actividade semanal, coa posibilidade de comparar como fomos avanzando ou se, pola contra, vagueamos.
A experiencia Google Fit chega a todo tipo de trebellos, xa que temos aplicación para tablets e smartphones, que podemos descargar na Play Store, e unha interface web moi xeitosa. Android Wear ten tamén un papel fundamental, xa que os reloxos son bos cuantificadores deste tipo de actividades deportivas, o que tamén nos evitará ter que introducilas manualmente.
Que vos parecen este tipo de aplicacións? Empregades xa algunha?
Eu utilizo Endomondo para as miñas prácticas en bici, e, en principio moi ben. Bótase de menos algunha opción que só está disponi.bel para usuarios premium, pero cumple. Probarei esta