WhatSim, unha tarxeta SIM para empregar WhatsApp sen límites en todo o mundo

whatsim sim

Seguramente poucas oiríades falar do Twitter Peek, un gadget que só servía para twittear, e que obviamente acabou sendo un fracaso. Por iso soa case a brincadeira falar de WhatSim, unha SIM que só permite empregar WhatsApp sen límites en calquera parte do mundo, sen necesidade de pagar roaming ou ter que depender dunha rede WiFi.

WhatSim conéctase a máis de 400 operadores duns 150 países, polo que en todo momento teremos cobertura; de feito, nos estados que ten acordos con máis dun operador, WhatSim empregará o que mellor cobertura teña no lugar que nos atopemos.

O funcionamento é tan sinxelo como semella: as usuarias non teñen que preocuparse de tarifas de roaming, facerse cunha SIM local ou andar na busca de WiFi, porque a tarxeta de WhatSim xa vale para iso.

Custa 10 € ao ano, prezo no que xa se inclúe o custe da suscrición de WhatsApp e mensaxes de chat sen límite. De todos os xeitos, quen queira compartir fotos, vídeos ou mensaxes de voz debe mercar un paquete de créditos adicional, a razón de 5 € – 1000 créditos, cuxo valor depende das zonas nas que se use.

whatsim

Se queredes mercar unha, podedes facelo desde esta ligazón.

Bonus: a empresa confirma unha “edición especial inspirada no Papa Francisco”. Esta, a diferenza da versión estándar, está dispoñíbel nalgúns países menos desenvolvidos por 5 euros.

Sobre o autor

Reply