Samsung asegura que “o futuro das cámaras está nun smartphone Galaxy”

samsung foto

Pode que haxa moito hype co Galaxy S6 ou pode que realmente Samsung teña gardado un as na manga e o 1 de marzo presente algo realmente espectacular. Hai uns días debullamos algunhas das cuestións que levan ao fabricante surcoreano a non perder a ocasión de sorprender, entre as que sen dúbida está a cámara.

Neste senso, no blog da compañía publicaron un artigo no que aseguran que a próxima xeración de dispositivos Samsung farán especial fincapé na cámara, para conseguir que sexa un elemento “que capte a realidade tal e como a ven os nosos ollos”.

Falan de cámaras máis intelixentes, que farán que as usuarias non teñan que preocuparse de nada máis que presionar o botón para disparar e conseguir os mellores resultados, mais tamén das lentes frontais, tantas veces esquecidas e que cada vez teñen máis importancia pola moda selfie.

Serán capaces de conseguilo?

Sobre o autor

No Responses

Reply