Whatsapp estaría a probar o envío de documentos desde a aplicación

Hoxe en día, as aplicaciónes deben ser multiusos pois a técnica xa o permite. Desde esta premisa, unha app de mensaxería ten que enviar “mensaxes” sen importar o formato.

Por iso, e por fin, Whatsapp semella que está probando o envío de documentos empregando a propia app, grazas ao que vemos na plataforma de traducción de Whatsapp.

documentos whatsapp

Agora ben, por outra banda, tamén apareceron rumores sobre que esta funcionalidade parte dunha integración con Google Drive e será a través dela, por onde se farán os intercambios de documentos.

Sexa como fose, o importante é que Whatsapp facilite o envío deste tipo de documentación dun xeito tan doado como é intercambiar fotos, tendo en conta que aplicacións rivais coma Telegram é moito máis versátil á hora de compartir arquivos.

Sobre o autor

Reply