Volven facelo. A presentación de resultados de Telefónica foi o escenario no que os directivos da compañía aproveitaron para lanzar un novo globo sonda sobre unha hipotética suba de prezos para quen desexe maiores velocidades ou mellores conexións fixas.
Do mesmo modo, volveron poñer sobre a mesa a posibilidade de cobrar polas conexións fixas de acordo co volume de datos consumidos, un esquema semellante ao que se emprega na telefonía móbil. Na compañía pensan que é xusto que quen menos consume pague menos, aínda que isto claramente perxudica ás usuarias máis avanzadas, que acabarían pagando máis por ter conexións decentes.
Telefónica xa aplica este modelo noutros países nos que opera, como Chile, Arxentina ou Alemania, aínda que con límites medianamente altos (500 GB / mes). Malia ser improbábel que pase isto no noso país a curto prazo, non sería de extranar que fose o modelos dos próximos anos.
Que vos parece?
Nin de coña. Prefirió 30mbps con pepephone libres que non 500gb con eles a 300mbps. O que nos faltaba en España, xa non ter so os peores precios de Europa senon tamen o peor servizo. Por que non miran a sus filial inglesa O2 en vez das latinas?
Mans arriba!! Isto é un atraco!! O que nos faltaba, un servicio de nivel africano ( con mis respetos os lectores de dicho continente) con unhas tarifas abusivas de unha empresa que tén o monopolio da fibra e do par de cobre en España…porque se pensas cambiar de compañia e non tes opción de escoller un proveedor coa sua propia infraestructura…vas fodido, se o fan os demáis veranse obrigados.