Analizamos o Xiaomi Mi5

O xigante chinés Xiaomi presentou recentemente o terminal co que competir na gama alta, o Xiaomi Mi5,  un dispositivo que ofrece unhas interesantes características técnicas a prezos tan axustados que resulta díficil competir con eles.

Deseño e especificacións

O Mi5 é un terminal cunhas dimensións de 144,55 x 69,20 x 7,25 mm, que en conxunto pesa 129 gramos. Na súa construcción non atoparemos plástico por ningures, a traseira é de cristal cun marco metálico que percorre todo o terminal. Baixo estas características e cunha batería de alta capacidade, 3000 mAh, pensamos que os seus 129 gramos non son nada.

En canto á botoneira, apostaron por unha situación clásica colocando os botóns de volume e acendido/apagado no lateral dereito aos que se accede con facilidade, e o botón central de desbloqueo conta un rápido lector de pegada dixital, que funciona moi ben. Ao estar diante dun smartphone unibody, o slot para as dúas nanoSIM está no lateral esquerdo. O usb elixido para a súa recarga é un USB Type C.

mi5 02

O restos de especificacións son:

  • Pánel IPS de 5,15 polgadas fHD e 428 ppp.
  • Procesador Snapdragon 820 a cunha GPU Adreno 530.
  • 3 GB de RAM.
  • 32 GB de almacenamento interno sen posibilidade de expansión, e libres para as usuarias ao redor de 25 GB.
  • LTE Cat12, compatíbel coas redes Europeas.
  • MIUI 7 baseado en Android Marshmallow.

mi5 03

Cámara

Un apartado especial ben o merece a cámara. O Mi5 conta cun dos mellores sensores que hai na actualidade que é o IMX298 fabricado por Sony. Ademáis, de integrar un bo sensor protexido por cristal de zafiro, atopamos unha estabilización en catro eixos que axuda moito cando estamos a grabar un video ou en fotos con pouca luz. Nesta galería de imaxes do noso perfil de Flickr deixámosvos algunhas fotos feitas co terminal en diferentes situacións para que xulguedes por vós mesmas.

Ademáis, cando estamos apurados e queremos facer unha foto rápida o Mi5 responde ben: tanto a apertura, enfoque coma o disparo son moi rápidos, todo grazas á potencia do seu procesdor e boa memoria que leva este terminal.

Batería

O Xiaomi Mi5 conta cunha batería de 3000 mAh con carga rápida grazas á que acadamos un 80% de carga con só 30 minutos de conexión á rede eléctrica.

xiaomi mi5 bat02

xiaomi mi5 bat01

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas imaxes anteriores, podedes ver como cunha carga completa e un uso medio, sen estar obsesionadas con aforrar enerxía, podemos acadar as dúas xornadas de autonomía e aquelas usuarias intesivas, poderán pasar a xornada e chegar ao final do día sen apuros.

Rendemento e conclusións

Puxemos a proba este terminal reproducindo vídeo en streaming, probando xogos de ultima xeneración, abrindo múltiples aplicacións, movéndonos polos diferentes escritorios cheos de aplicacións (lembrade que en MIUI non hai caixon de aplicacións e todas van nos escritorios) … O resultado foi sobresaínte e o terminal non demostrou fatiga en ningún momento: o lag non entra no seu vocabulario.

Mais, non todo pode ser bo e, se cadra para algunha usuaria, unha das eivas deste terminal é a pouca resolución pantalla (xa que só chega até 1080p) ou a presenza dun só altofalante, polo que o son non é estéreo, o que pode limitar a experiencia multimedia. Aínda así escóitase ben, pero non vaiamos agardar o que non é. Tamén debemos ter en conta que MIUI é unha personalización radical de Android, sendo o oposto a Android puro. Ollo, funciona moi ben, non lastra o rendemento do terminal, pero é algo a ter en conta e ao que nos temos que acostumar. Tampouco dispoñemos de radio FM.

Malia estas circunstancias, moitas das cales poden solucionarse cun launcher que mude a estética, debemos ter en conta que por algo menos de 400 € podedes contar cun dos mellores terminais do ano.

Temos que agradecer a un dos nosos seguidores pola achega do terminal grazas ao cal puidemos facer esta análise. Graciñas Luis!

Sobre o autor

One Response

  1. Luis 6 Maio, 2016 Responder

Reply