Quen teña certa maña na cociña, o cando menos moita gana de aprender, de seguro que nalgún momento desexou compartir coitelos e pratos con Gordon Ramsay, o cociñeiro e presentador británico gañador de máis dunha ducia de Estrelas Michelín.
Grazas ao xogo que hoxe compartimos con vós poderedes botarlle unha man a construír un imperio que serve pratos á clientela nun tempo limitado, aínda que comezando cun pequeno local con pratos e decoración sinxela.
Conforme imos avanzando polos diferentes níveis veremos como a complicación dos pratos vai sendo cada vez maior, e é aí onde debemos sacar a cociñeira que levamos dentro para ser quen de superar todas as dificultades.
Entre os aspectos máis destacábeis de Gordon Ramsay Dash está o podérmonos facer dolos de Chefes, nos cales poderemos desafiar ás nosas amizades ou outras xogadoras. Existe unha función chamada “Farm Market” que permite intercambiar ingredientes con outras cociñeiras, así como un sistema de esterlas “Wichelín”, que como indica o propio Gordon Ramsay baséase na súa experiencia real gañando estrelas Michelín.
O propio cociñeiro encárgase de poñer voz a moitos dos audios que podemos ir escoitando ao logno de todo o xogo, unha característica que fai que nos poidamos imaxinar onda el no lugar de traballo.
Gordom Ramsay Dash é un xogo totalmente gratuíto, aínda que ten compras integradas. Podémolo descargar desde a Play Store