Cada vez son máis habituais os acordos entre fabricantes de dispositivos (smartphones, tablets…) e de aplicacións software para que estas veñan preinstaladas nos trebellos, como un factor máis co que diferenciarse da competencia cando o hardware está moi igualado entre as diferentes marcas.
Un dos últimos acordos neste sentido é o asinado entre Lenovo (e por extensión, Motorola) e Microsoft para que os dispositivos deste fabricante leven de serie as aplicacións de produtividade de Microsoft (Office, OneDrive e Skype), aínda que polo momento descoñécese se este tamén implica mellores condicións, como unha suscrición temporal a algún tipo de servizo extra (espazo na nube, por exemplo).
Que vos parecen este tipo de servizos extra nos vosos trebellos?