Hai un ano publicamos a segunda dación de contas da nosa campaña de micromecenado, que ten como único obxectivo conseguir fondos a través da colaboración de todas e todos para poder seguir mantendo vivo o proxecto de Mallando no Android. Hoxe tócanos redimir contas e, xa de paso, pedir de novo a vosa axuda económica.
Como podes axudar?
Na columna da dereita do blog ou nesta páxina poñemos as diferentes formas que tes de colaborar economicamente co noso proxecto. Resumindo, poñemos á vosa disposición dúas opcións.
- A suscrición: mediante este método achegarasnos, cada mes, unha cantidade fixa, que pode ser de 1, 2 ou 5 €/mes.
- A doazón: se prefires facer unha única doazón podes indicar a cantidade que queiras, cobrándose unha única vez dita cantidade.
A que adicades estes cartos?
Os cartos que recadamos con estas doazóns empregámolos unica e exclusivamente para cubrir gastos derivados do blog, como os que teñen que ver co seu deseño e mantemento, os desprazamentos a feiras e eventos que consideramos de relevancia e os envíos dos agasallos dos sorteos, entre outros.
Que gastos tedes por diante?
Chegados a estas alturas do ano enfrontámonos a varios gastos, os máis avultados os que teñen que ver coa renovación do dominio .gal para o próximo ano, que supera os 60 euros, ou a preparación dos desprazamentos ás próximas feiras e eventos, especialmente o MWC.
Cales foron os últimos movementos?
Desde a anterior dación de contas, en setembro de 2015, estes foron os movementos económicos que tivemos en Mallando no Android.
Ingresos
- Saldo positivo dación anterior: 21,91 €
- Suscricións: 66,51 €
- Doazóns: 94,75 €
- Outros: 52,03 €
- Ingresos totais: 235,10 €
Gastos
- Dominio .gal (2015): 61,65 €
- Dominio .com (2016): 16,94 €
- Deseño, soporte e mensaxería: 73,82 €
- Avión para o MWC 2016: 105,26 €
- Gastos totais: 257,67 €
Saldo actual (Ingresos – Gastos): 235,10 – 257,67 = -22,57 €
Agradecerémosche infinito calquera aportación que poidas ou queiras facernos 🙂