Samsung QLED TV, a aposta de Samsung polo entretemento no fogar

O CES de Las Vegas foi o escenario escollido por Samsung para presentar QLED TV, unha nova categoría de televisores da que forman parte as series Q9, Q8 e Q7 que, en palabras da propia marca, son os primeiros do mundo en reproducir o 100% do espector de cor.

A calidade da imaxe foi a prioridade máxima de Samsung nestes trebellos, capaces de expresar todas as cores con calquera nivel de brillo, mesmo aquelas diferenzas imperceptíbeis nos picos máis altos de luminosidade de QLED, entre 1500 e 2000 nits. Isto é posíbel grazas á evolución dos Quantum Dots, que Samsung decidiu recubrir dun material metálico que fai posíbel esta expresión e cor superior, e con moito máis detalle que nos televisores convencionais.

Por outra banda, Samsung tamén prestou atención ás demandas das usuarias en canto a deseño, incluíndo un cable único e transparente (chámano “conexión invisíbel”) a través do cal pódense reunir e conectar ao televisor todos os dispositivos periféricos que puidéramos ter.

Isto únese a un novo sistema de montaxe na parede chamado “zero gap”, que axiliza o proceso de colocación na parede sen deixar espazo entre esta e a tele. Para aquelas persoas que prefiran non anclar o televisor á parede, Samsung ofrece dous novos soportes deseñados para elevar e amosar os televisores QLED como accesorios do fogar: o soporte “studio” lembra un caballete dun cadro, mentres que “gravity” evoca unha escultura contemporánea.

Televisión intelixente

Os novos televisores de Samsung veñen equipados co sistema de Smart TV do fabricante, que na nova versión ten unha interface máis simplificada e permite controlar co mando a maioría dos dispositivos que puideran estar conectados á tele.

Ademais, este ano a interface Smart Hub integrouse nos smartphones a través da aplicación Smart View, o que permite disfrutar de todo o contido do televisor no teléfono, ben sexan programas en directo ou os contidos de vídeo baixo demanda (VOD). Tamén é posíbel configurar alertas para recibir no móbil información sobre a dispoñibilidade de novos capítulos ou os horariso dos nosos programas favoritos.

Dispoñibilidade e prezo

Samsung non puxo unha data exacta á comercialización destes novos produtos, nin tampouco prezo. Podemos imaxinar que serán adiantados ao longo do primeiro trimestre do ano.

Sobre o autor

Reply