Meizu anuncia no “Super MCharge” para cargar completamente os dispositivos en menos de 20 minutos

Moitas agardabamos que Meizu anunciase neste Mobile World Congress un novo dispositivo, mais o certo é que a compañía centrou a súa conferencia de prensa nun novo sistema de carga, Super mCharge, co que pretenden revolucionar os seus próximos modelos.

En menos de 19 minutos a compañía demostrou in situ como un dispositivo equipado cunha batería de 3.000 mAh, a capacidade media que teñen os smartphones que hai hoxe en día no mercado, pode pasar de 0 ao 100% de carga, sen que iso supoña un perigo para o terminal.

No concreto, o fabricante chinés asegura ter acelerado 5,5 veces a velocidade de carga, e o que é mellor, telo conseguido sen que o teléfono incremente a temperatura, grazas á optimización de Meizu Flyme.

Nas probas levadas a cabo por Meizu puideron comprobar que a batería segue mantendo a súa capacidade por riba do 80% mesmo logo de 800 ciclos completos de carga e descarga, o cal é a proximadamente a media de vida útil dun smartphone.

Polo de agora a compañía non ten implementado este sistema de carga ultrarápida en ningún smartphone á venda, mais está previsto que chegue en todos os modelos que lanzarán ao longo do ano.

Sobre o autor

Reply