Dell renova a súa familia XPS cos novos XPS 13, XPS 14 e XPS 16

Dell acaba de renovar unha das familias de dispositivos máis destacadas do seu portfolio. Estamos a falar dos Dell XPS, que se actualizan para dar cabida aos novos procesadores Intel da familia Meteor Lake, e ao tempo para acoller un novo modelo de 16,3 polgadas.

Compartiva dos Dell XPS 13, XPS 14 e XPS 16

A continuación pódense ver as principais características dos tres novos modelos da saga Dell XPS

DELL XPS 13 (9340)DELL XPS 14 (9440)DELL XPS 16 (9640)
Pantalla13,4″ FHD+ (1.920 x 1.200) Infinity Edge non táctil
500 nits
120 Hz

13,4″ QHD+ (2.560 x 1.600) Infinity Edge táctil
500 nits
120 Hz

13,4″ 3K+ (2.880 x 1.800) OLED, Infinity Edge táctil,
400 nits
60 Hz
14,5″ FHD (1.920 x 1.200) Infinity Edge non táctil
500 nits
120 Hz

14,5″ 3,2K (3.200 x 2.000) OLED Infinity Edge táctil
400 nits
60 Hz
16,3″ FHD+ (1.920 x 1.200) Infinity Edge non táctil
500 nits
120 Hz

16,3″ 4K+ (3.840 x 2.400) Infinity Edge táctil
400 nits
60 Hz
ProcesadorIntel Core Ultra 5 125H
Intel Core Ultra 7 155H
Intel Core Ultra 7 165H
Intel Core Ultra 7 155H
Intel Core Ultra 7 165H
Intel Core Ultra 7 155H
Intel Core Ultra 7 165H
Intel Core Ultra 9 185H
GráficaIntel Arc GraphicsIntel Arc Graphics
GeForce RTX 4050 6 GB
Intel Arc Graphics
GeForce RTX 4050 6 GB
GeForce RTX 4060 8 GB
GeForce RTX 4070 8 GB
RAM8 / 16 / 32 / 64 GB 16 / 32 / 64 GB 16 / 32 / 64 GB
Almacenaxe interna512 GB / 1 TB / 2 TB / 4 TB SSD512 GB / 1 TB / 2 TB / 4 TB SSD512 GB / 1 TB / 2 TB / 4 TB SSD
Audio e son4 altofalantes, 8 W
Micrófono dual
Dolby Atmos
4 altofalantes, 8 W
Micrófono dual
Dolby Atmos
4 altofalantes, 10 W
Micrófono dual
Dolby Atmos
Portos2 x USB-C Thunderbolt 43 x USB-C Thunderbolt 4
Lector microSD
Toma auriculares
3 x USB-C Thunderbolt 4
Lector microSD
Toma auriculares
ConectividadeWi-Fi 7
Bluetooth 5.4
Wi-Fi 6E
Bluetooth 5.3
Wi-Fi 7
Bluetooth 5.4
Sistema operativoWindows 11 Home/ProWindows 11 Home/ProWindows 11 Home/Pro
Batería55 Whr
ExpressCharge 1.0
Adaptador 60 W
69,5 Whr
ExpressCharge 1.0
Adaptador 60 W (Intel Arc)
Adaptador 100 W (NVIDIA)
99,5 Whr
ExpressCharge 1.0
Adaptador 130 W
Dimensións e peso295,3 x 199 x 15,3 mm
1,19 kg
320 x 216 x 18 mm
1,74 kg
358,1 x 240 x 18,7 mm
2,20 kg
OutrosWebcam FHD
Windows Hello
Webcam FHD
Windows Hello
Webcam FHD
Windows Hello
PrezoDesde 1.299 dólaresDesde 1.699 dólaresDesde 1.899 dólares

Como avanzamos ao comezo do artigo, unha das cousas que destaca é a incorporación do Dell XPS 16 (9640), que chega ás 16,3 polgadas, un tamaño bastante significativo, e que se convertirá nunha opción moi interesante para persoas que vaian traballar co portátil durante longas horas sen unha pantalla externa que supla esas necesidades.

No interior temos os novos procesadores Intel Core Ultra da familia Meteor Lake, xunto con gráficas RTX 4000 de NVIDIA, que melloran a experiencia especialmente para o público que usa o seu portátil para xogar. Non é que esteamos a falar dun dispositivo gaming para usuarias intensivas, pero si que se aproxima a ese mundo, sendo unha opción interesante para usuarias máis ocasionais.

As combinacións de RAM e memoria son diversas, chegando até os 64 GB de RAM e 4 TB de memoria SSD nos modelos máis ambiciosos. En canto ás pantallas, temos diferentes combinacións, tanto pola súa capacidade táctil ou non, como pola súa definición.

No teclado Dell volveu apostar por teclas grandes, eliminando os espazos entre elas para conseguir que premelas sexa máis cómodo. Ademais, estrean a nova tecla Copilot, que abre a porta a un mundo de posibilidades grazas á Intelixencia Artificial (IA) coas funcionalidades de Microsoft, e inclúe unha serie de funcións a través dunha serie de teclas capacitivas situadas na parte superior.

Dispoñibilidade e prezo

Dell non confirmou a data de lanzamento destes modelos a nivel global, aínda que si que avanzou os prezos de partida dos tres dispositivos para os Estados Unidos na súa configuración máis básica.

Así, o Dell XPS 14 partirá dos 1299 dólares; o Dell XPS 14 de 1699 dólares e o Dell XPS 16 de 1899 dólares.

Sobre o autor

Reply